Présentase o libro que recompila o resultado do proxecto de urbanismo e patrimonio “A vila do mañá”

 

[28-09-2017]

 Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do libro que recompila o proxecto de urbanismo e patrimonio “A Vila do Mañá”, que se desenvolveu do 3 ao 7 de xullo en Bertamiráns e do 7 ao 11 de agosto no Milladoiro. Esta actividade realizouse cos nenos e nenas da Escola de Verán de Ames. Nesta presentación participaron o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Blas García, o concelleiro de Educación, David Santomil, o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, e a directora e responsable do proxecto, Sandra González. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o libro de “A Vila do Mañá”.

Continuar leyendo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *